Monday 06 de May de 2024

O Concello de Muxía habilita unha liña telefónica de atención sicolóxica para afectados pola situación de confinamento


O número ao que a veciñanza pode chamar é o 618 895 265.

O Concello de Muxía habilitou unha liña telefónica de atención
e asesoramento sicolóxico para as veciñas e veciños afectados pola situación de
confinamento.
O número que está disponible 24 horas para a veciñanza é o 618 895 265. Neste senso,
o alcalde de Muxía, Iago Toba, sinala que “é fundamental dar resposta sicolóxica a todas
as veciñas e veciños que seguramente teñen dúbidas nestes momentos de como
xestionar a situación”, destaca o rexedor.
Nesta etapa de confinamento, sinalan os expertos, é fundamental manter unha serie de
hábitos e rutinas que nos axuden normalizar o máximo posible esta situación. Nos
casos nos que “a veciñanza necesite axuda, é importante que saiban que estamos a
traballar para elas e eles, para axudalos. É moi importante manter a saúde física, pero
tamén mental”, destaca Iago Toba.